CRTVG

Buscar

Británicos residentes en España consideran un erro abandonar Europa

Publicado o 01/02/2020 14:47

Fóra do Reino Unido, non todo foron celebracións onte á noite. No sur de España, onde reside unha nutrida colonia de británicos, a conta atrás do brexit viviuse con tristura, coma neste bar da localidade malagueña de Jimena de Líbar.

Todos coincidían en que era un erro abandonar a Unión Europea e que fixeran a festa para celebrar que seguían sendo europeos. Nun momento da noite retiraron a bandeira británica e deixaron soamente a da Unión Europea.

Noticias web

01/02/2020