Breogán e Ourense cítanse no gran derbi da LEB Ouro
Publicado o 27/12/2019 15:54
Partido diferente. Partido de rivalidade histórica cun sabor especial. Breogán-Ourense. Dous equipos con dous obxectivos. Ascenso e permanencia pero só separados por unha vitoria na clasificación. Os lugueses veñen de gañar cinco dos últimos seis partidos, reforzados ademais pola contundente vitoria no derbi ante o Leyma Coruña.
Encontro de máxima esixencia para o Ourense, que tras superar as expectativas neste inicio de temporada, non renuncia a dar a sorpresa. Experiencia que xa tivo na pretemporada. O COB derrotou o Breogán na Copa Galicia.