CRTVG

Buscar

Brais Méndez di que non sabe nada do interese do Bayern en fichalo

Publicado o 18/07/2019 16:49

O Bayern podería fichar a Brais Méndez. A súa claúsula é de 25 millóns de euros.

O rotativo xermano KICKER e tamén o BILD danlle eco ao interese do Bayern en Brais Méndez. O ano pasado xa se falara do interese de varios equipos ingleses no centrocampista de Mos. Con 22 anos, Brais prefire centrarse no Celta, quere ser importante esta temporada. Ten contrato co Celta ata o 2021 e o Celta trballa na súa renovación. Sobre esa presunta oferta do Bayern, Brais non sabe nada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/07/2019