CRTVG

Buscar

Brais Méndez renova co Celta ata 2024

Publicado o 30/07/2020 22:24

Con esta sinatura o Celta ponlle fin a unha historia que se prolongou demasiado.

"Por fin se confirma que vou seguir aquí, que esta é a miña casa e moi feliz".

Brais remataba contrato a temporada que vén e as negociacións para renovar foron longas e complicadas. Mesmo chegaron a estar estancadas durante meses. Pero finalmente o Celta garante a continuidade do canteirán ata o 2024

Brais Méndez, R. C. Celta: "Que o club aposte por ti para renovar e desta maneira quere dicir que imos seguir xuntos, que confían en min e do mesmo xeito que eu dixen que esta era a miña casa eles así mo demostraron".

Brais renova logo dun ano complicado que non cumpriu as expectativas. A operación retorno que tanto ilusionou e tanto talento xuntou traduciuse nun sufrimento enorme ata a última xornada.

"Foi un ano moi duro, aprendemos moitas cousas e esperemos que non se volvan repetir nun futuro porque ao final non podemos estar sufrindo desta maneira co equipo que temos".

É tempo de reflexión e autocrítica, tamén para Brais, que non estivo á altura daquel xogador que chegou a vestir a camiseta da selección.

"Non se viu todo o que teño que sacar e agardemos que este ano se vexa o Brais Méndez que todos queremos".

Tamén para Brais é tempo de lle dar ao reset.

Noticias web

30/07/2020