CRTVG

Buscar

Brais Méndez renova co Celta ata 2024

Publicado o 30/07/2020 17:15

O Celta, ademais de novas fichaxes, apuntala o seu proxecto cos xogadores da canteira. E aí aparece Brais Mendez.

O futbolista de Mos amplía o seu contrato co Celta ata xuño de 2024. Brais debutou co primeiro equipo hai case 3 anos; mesmo chegou a ser internacional con Luis Enrique. Agora aos seus 23 anos, o Celta volve apostar forte por un xogador feito na canteira da Madroa.

Noticias web

30/07/2020