CRTVG

Buscar

Filip Bradaric xa é xogador do Celta

Publicado o 24/01/2020 21:20

O internacional croata chega cedido con opción de compra

Filip Bradaric xa é xogador do Celta. O croata pasou esta tarde recoñecemento médico e foi presentado coa camisola celeste.
Herda a praza de Lobotka e tamén o seu dorsal, o 14. O internacional croata chega cedido ata final de temporada con opción de compra. O Celta buscaba un centrocampista recuperador con dote na creación e ese é o papel que desempeñará Bradaric. Así fala del Óscar García.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/01/2020