Borja Domínguez asina por tres temporadas co Lugo
Publicado o 09/07/2019 17:26
O centrocampista vigués Borja Domínguez é novo xogador do Lugo. Asina por tres temporadas co conxunto do Anxo Carro. A última temporada xogouna en Alcorcón e Pontevedra. Antes diso pasou polo Oviedo e polo Córdoba, e tamén polo Rácing de Ferrol.
Borja Domínguez ten nestes momentos 27 anos. Formouse na canteira do Celta e coñece ben a categoría.
Máis sobre actualidade
26/01/2021 12:54