CRTVG

Buscar

Boris Johnson, estable e tratado con osíxeno

Publicado o 07/04/2020 18:13
Boris Johnson, estable e tratado con osíxeno

O primeiro ministro británico, Boris Johnson, está ingresado desde onte pola noite por coronavirus na unidade de coidados intensivos do hospital St Thomas de Londres. O seu estado de saúde é estable, non desenvolveu pneumonía e está a ser tratado con osíxeno, pero non necesita asistencia de ventilación mecánica, segundo detallou un portavoz de Downing Street, o seu despacho oficial. O ministro de Exteriores, Dominic Raab, asumiu temporalmente a maioría das funcións de Johnson, aínda que os seus poderes son limitados e o Goberno pode intervir así mesmo na toma de decisións.

A raíña Isabel II fixo hoxe público unha mensaxe á familia do mandatario conservador en que lle desexa unha "rápida e completa recuperación". Johnson informou o pasado 27 de marzo de que dera positivo no test de COVID-19, pouco despois de comezar a desenvolver síntomas. Despois de dez días de síntomatoloxía leve, o seu equipo médico decidiu trasladalo por precaución ao hospital, onde o seu estado empeorou en menos de 24 horas, polo cal o trasladaron a coidados intensivos.

 

Noticias web

07/04/2020