BorgWarner retira o ERE tras chegar a un acordo co comité de empresa
Publicado o 10/07/2020 14:48
A compañía BorgWarner Vigo retirou o ERE que propuxera para 103 traballadores despois de chegar a un acordo co comité de empresa. Ambas as partes pactaron abrir un proceso de negociación ata o mes de setembro. E os sindicatos decidiron cancelar a folga indefinida convocada para o próximo luns.
Dende a empresa din que o futuro da planta pasa por garantir a súa competitividade e poder loitar pola adxudicación de novos proxectos.
Máis sobre Vigo
27/02/2021 14:47
24/02/2021 15:16
24/02/2021 13:58