CRTVG

Buscar

Familias sen recursos de Meis gozaron do bolo de San Gregorio malia o confinamento

Publicado o 19/04/2020 14:01

Coa asepsia característica dun quirófano, cortouse e repartiuse o bolo de San Gregorio de Paradela. Un pan con ovos que se elabora o domingo seguinte ao de Pascua con ovos doados polos veciños e que se degusta nun xantar de fraternidade.

Este ano non puido ser, pero os veciños non quixeron renunciar a esta tradición recuperada hai 28 anos. Optaron por facer un bolo máis pequeno de 60 quilos de fariña e 900 ovos e dun metro trinta por dous metros trinta.

Cortouse na panadería de Fernando e voluntarios de Proteción Civil e a propia alcaldesa de Meis repartiron o bolo e outros alimentos a xente con escasos recursos económicos de Paradela, preto de vinte familias. Moitos fogares de Paradela deron boa conta do famoso bolo pascual.

Noticias web

19/04/2020