CRTVG

Buscar

BNG e PSOE denuncian irregularidades na repartición de axudas da Deputación de Ourense

Publicado o 18/12/2019 15:19

Socialistas e nacionalistas reclámanlle á Deputación de Ourense que xustifique as subvencións nominativas que outorgan. Din que ascenden a máis do 50 por cento do orzamento. Un informe do secretario advirte de irregularidades por non estar xustificadas.

Dende o PP aseguran que estas subvencións se dan a concellos e organismos, independentemente da cor politica, e que están dispostos a xustficar esas axudas. Din que é unha ferramenta legal e que nunca os advertiron de que existisen irregularidades.

Noticias web

18/12/2019