CRTVG

Buscar

O Blue Star xa está en Navantia para ser reparado

Publicado o 20/12/2019 14:42

O Blue Star xa está no estaleiro de Navantia en Ferrol, para ser reparado. O traslado dende a dársena de Curuxeiras ata o dique da factoría levouse a cabo esta madrugada, coa axuda de tres remolcadores.

A operación xa estaba prevista para onte, pero o aviso de alerta laranxa obrigou a aprazala. O barco presenta varias fisuras no casco, producidas tanto durante o accidente cando colidiu cunha zona rocosa de costa, como pola acción do mar durante os días que estivo encallado fronte á costa de Ares. Son danos estruturais que non comprometen a súa flotabilidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/12/2019