CRTVG

Buscar

Bicos e apertas nos aeroportos, o Nadal volve reunir familias

Publicado o 24/12/2019 13:22

Sucesión de bicos e abrazos no aeroporto da Lavacolla. Chegaba ás dez da mañá o voo procedente de Basilea.

Pais e netos, nais e fillas, parellas, reencontros emotivos de persoas... algunhas que levan media vida traballando en Suíza e chegan xusto para pasar aquí a Noiteboa.

E, claro, moita ilusión, sobre todo, xa se sabe, polos netos.

E algunhas como Carmen e Begoña chegaban para darlles a sorpresa aos seus pais. Quedamos en que xa estarían nas súas casas a estas horas da emisión do telexornal.

A maior parte vén para pasar unha semaniña en Galicia que de seguro vai vivir intensamente coa familia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/12/2019