CRTVG

Buscar

Betanzos e Vilalba suman casos, a Mariña mellora

Publicado o 17/07/2020 21:40

138 casos, 2 menos ca onte, melloran a situación da Mariña. Cinco deles seguen hospitalizados e evolucionan favorablemente.
As autoridades sanitarias investigan alí a orixe do brote que se detectou en Vilalba, xa que un dos infectados estivo recentemente na comarca mariñá por motivos laborais.

De momento deron positivo catro persoas do mesmo núcleo familiar. Todos presentan síntomas leves e permanecen confinadas no seu domicilio. Unha delas traballa nunha empresa leiteira. Os seus compañeiros foron sometidos a proba e deron negativo.
O concello, por precaución, decidiu aprazar as actividades previstas para esta fin de semana. Os veciños tamén cren na importancia de respetar as noramas.

En Betanzos so se detectou 1 positivo entre as 60 probas realizadas onte. O Sergas continúa co rastrexo de contactos dos afectados, que pertencen a dous focos diferentes: unha familia, con catro membros infectados e outras duas persoas que viven xuntas. Os útlimos casos detectados non están viculados coa familia. As probas, desde este venres, fanse a domicilio.

Noticias web

17/07/2020

Máis sobre Vilalba

Arzúa 0-0 R.Vilalbés
19/10/2020 10:16