CRTVG

Buscar

Bergantiños demanda que se investigue a súa detención

Publicado o 19/08/2020 18:12

No Deportivo, Álex Bergantiños pide que se investigue a súa detención do pasado 5 de agosto, antes de que se xogase o Dépor-Fuenlabrada.

O capitán branco e azul acudiu esta mañá á comisaría de Lonzas, na Coruña, para presentar a denuncia porque dubida de que se actuase ben. Bergantiños fora detido dous días antes do partido e trasladado á comisaría para declarar polo audio en que falaba de que o partido ía ser un paripé. Para detelo a el sobrou o tempo para mandar policías desde Madrid, cando todo o demais vai moi devagar.

Noticias web

19/08/2020