CRTVG

Buscar

Bergantiños: "Custa entender que pasen certas cousas con catro árbitros no campo"

Publicado o 24/02/2020 19:28

Oito xornadas durou a imbatibilidade do Deportivo. O capitán procura darlle normalidade á fin da xeira. Cústalle máis entender as arbitraxes. Os brancoazuis viron dous cartóns vermellos nos dous últimos choques. Seis no que vai de Liga. "Accións un pouco difíciles de entender cando hai catro árbitros no campo pero ao final pasan nos partidos e non podemos facer nada contra iso. Fastidia cando cres que non estivo ben pero temos que tentar estar por enriba diso", considera Bergantiños.
 

A derrota en Zaragoza deixa o descenso a só dous puntos. É o Lugo o que marca a fronteira antes de visitar Riazor. O derbi non ten perda, cre o capitán: "Non pode ter máis alicientes, penso que é un momento importantísimo da temporada, un derbi galego e penso que vai haber un ambientazo por todo, pola xente que veña de Lugo, pola xente do Depor como está habendo nos últimos partidos e penso que vai ser espectacular".

O Deportivo ofrece aos socios entradas a dez euros co obxectivo de encher Riazor.





 

Noticias web

24/02/2020