CRTVG

Buscar

Benedicta Sánchez, protagonista no Festival de Cans

Publicado o 03/09/2020 21:38

A edición máis singular do Festival de Cans está a vivir unha xornada estelar. Hoxe foi o día de Benedicta Sánchez, a inesquecible protagonista de 'O que arde', que deixou a súa pegada no Torreiro das Estrelas de Cans e descubriu a súa propia placa no paseo da fama da aldea. Tamén reapereceron os chimpíns para conducir a directora Paula Cons e mailo equipo do filme 'A illa das mentiras', coproducido pola Televisión de Galicia, á estrea en pantalla grande desta película inspirada no naufraxio do Santa Isabel fronte ás costas de Sálvora.

Noticias web

03/09/2020