CRTVG

Buscar

Bebés choróns e dinosauros, os xoguetes máis desexados este Nadal

Publicado o 10/12/2019 15:27

Este bebé que non damos acougado é o xoguete máis desexado do Nadal. Os grandes teñen bágoas de verdade e pequenos veñen en bólas sorpresa, igual que as bonequiñas LOL, que por segundo ano arrasan entre a cativada.

Tamén triunfa a colección destes miniheroes, os Superzings, e das buxainas BayBlade.
Pero no tope están os personaxes de cine, cos dinosauros de Jurassic World e Frozen á cabeza. Nancys, legos e clics son os clásicos que nunca morren. E nos xogos de mesa, a estrela é o Monopoly, coas Cíes ou o polbo á feira sobre o taboleiro.

No Nadal concéntranse o 60% das vendas de xoguetes. Pero aquí din que as cousas van lentas este ano, sexa polos rumores de crise ou polos que agardan o último momento para facer a súa lista de desexos.

Noticias web

10/12/2019