BBVA refórzase para posibles fusións coa venda da súa filial nos Estados Unidos
Publicado o 16/11/2020 15:07
O banco BBVA afronta a maior operación da súa historia coa venda da súa filial nos Estados Unidos.
A entidade vendeulle o seu negocio estadounidense ao grupo financeiro PNC por 9.700 millóns de euros, o que lle supón unha plusvalía duns 580 millóns. Con esta operación, o banco presidido por Carlos Torres reforza o seu capital e gaña flexibilidade para posibles fusións.
A venda da filial norteamericana disparou ata un 20 por cento a cotización en bolsa do BBVA. Tamén o seu posible obxectivo de compra, o Sabadell, subiu un 14 por cento.
Máis sobre actualidade
03/03/2021 15:20