CRTVG

Buscar

Batalla campal en Premià de Mar pola ocupación ilegal dunha vivenda

Publicado o 15/06/2020 13:19

As imaxes que acompañan esta noticia corresponden a protesta dos veciños tras a ocupación dunha vivenda nun barrio da localidade barcelonesa de Premià de Mar.

A liorta comezou sobre as once da noite. Os veciños increparon e lanzaron pedras contra o piso que ao parecer ocupaban ilegalmente un grupo de catro mozos inmigrantes. Os rapaces, finalmente, foron trasladados a un albergue municipal, tras a intervención dos Mosos d’Esquadra e da policía local. A lea rematou cun ferido leve e diversos danos materiais.

Noticias web

15/06/2020