Barricadas en Gran Canaria para impedir a chegada de migrantes en corentena
Publicado o 06/08/2020 14:31
Veciños de Tunte, en Gran Canaria, ergueron barricadas para impedir o traslado de 71 migrantes a un centro de acollida desta localidade, onde van pasar dúas semanas en corentena.
Os migrantes levaban desde o pasado domingo durmindo baixo unhas carpas instaladas pola Cruz Vermella no porto de Arguineguín.
O alcalde do concello ao que foron trasladados asegura que entre eles hai 12 sospeitosos de estaren contaxiados con coronavirus, pero a Delegación do Goberno nas Canarias desménteo.
Finalmente, a Policía Nacional tivo que intervir para pemitir o paso dos vehículos que levaban os migrantes.
Máis sobre actualidade
03/03/2021 16:06