CRTVG

Buscar

Barcelona retíralle a medalla de ouro da cidade ao rei Xoán Carlos

Publicado o 27/08/2020 18:59
Barcelona retíralle a medalla de ouro da cidade ao rei Xoán Carlos

Barcelona retíralle a medalla de ouro da cidade ao rei Xoán Carlos. O pleno municipal acordou hoxe iniciar os trámites para retirarlle todas as honras ao anterior xefe do Estado. E tamén decidiron reprobar o Goberno central por consideralo cómplice na marcha de don Xoán Carlos de España.

Para que a resolución saise adiante abondou cos votos a favor dos grupos independentistas, Esquerra Republicana e Junts per Cat. O partido da alcaldesa, Barcelona en Comú, abstívose. E o seu socio no Goberno local, o PSC, votou en contra, igual que Ciudadanos e o Partido Popular.

 

Noticias web

27/08/2020