CRTVG

Buscar

Iníciase o período para negociar o ERE anunciado polo Santander

Publicado o 14/05/2019 21:32

• Suprimiría 3.700 empregos e 1.150 oficinas e o proceso iniciaríase despois da integración tecnolóxica entre Santander e Popular, prevista para xullo

Abanca ten outra oportunidade para adquirir Liberbank tras a ruptura das negociacións para a fusión entre a entidade asturiana e Unicaja

O Banco Santander comunicoulles aos sindicatos a súa intención de recortar máis de 3.700 empregos e suprimir 1.150 oficinas no marco do expediente de regulación de emprego (ERE) que a entidade vai acometer polas duplicidades na rede tras a adquisición do Banco Popular e para abordar os retos da transformación dixital.

Así o informaron fontes sindicais tras a celebración da segunda reunión do ERE que tivo lugar este martes, en que o banco manifestou a súa intención de suprimir 1.150 oficinas e prescindir de algo máis de 3.700 postos de traballo.

A redución formulada polo banco afectará principalmente a rede comercial e as súas estruturas intermedias de apoio, pero tamén os servizos centrais na medida en que se reduza a rede á que dan soporte.

Fontes sindicais sinalaron que o proceso non se vai iniciar antes de que finalice a integración tecnolóxica entre Santander e Popular, prevista para o próximo mes de xullo. Así, ven probable que o acordo se peche entre maio e xuño para comezar a executarse despois do verán.