CRTVG

Buscar

Ábalos ofrece a cuarta versión distinta do seu encontro coa vicepresidenta de Venezuela

Publicado o 25/01/2020 09:55

Ábalos chegou a Galicia no medio dunha treboada política polo encontro en Barajas coa vicepresidenta de Venezuela. O ministro de transportes admitía que saudou a Delcy Rodríguez aínda que de xeito casual pero rexeitaba que fose unha reunión, e di que ela en ningún momento pisou territorio español. É a cuarta versión ofrecida por distintas fontes do ministerio despois de que se coñecera a noticia do encontro.

A vicepresidenta venezolana ten prohibida a entrada na Unión Europea ao ser unha das persoas sancionadas por Bruxelas por ser cómplices de represión no país caribeño. O ministro de Transportes nega que se reunira coa vicepresidenta de Venezuela, pero si que confirma que houbo un encontro casual entre ambos e que se saudaron. Din que foi dentro do avión onde viaxaba o ministro de turismo venezolano, amigo seu e ao que foi ver, a título persoal, ao aeroporto.

Asegura Ábalos que nesa breve conversa lle lembrou á número dous de Maduro que non podía pisar territorio español, e confirma que eso non sucedeu.

Ciudadanos pídelle explicacións ao Goberno. O PP e Vox, ademais, a dimisión de Ábalos. PP, Vox e Ciudadanos consideran que Ábalos tería que denunciar a presenza da número dous de Maduro no aeroporto español, tendo en conta que ten prohibida a entrada na Unión Europea.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/01/2020