CRTVG

Buscar

Ábalos di que España podería abrirse ao turismo antes do 1 de xullo, con "algunha experiencia concreta"

Publicado o 03/06/2020 15:19

O ministro José Luís Ábalos di que España podería abrirse ao turismo antes do 1 de xullo, con "algunha experiencia concreta". O seu ministerio traballa cun protocolo de medidas para garantir voos seguros.

"Os datos positivos sobre a evolución da pandemia e a rapidez coa que se está levando a cabo a desescalada, especialmente nalgunhas zonas, indican que o obxectivo de abrir España ao turismo o 1 de xullo, mesmo antes con algunha experiencia, é posible nun marco de seguridade sanitaria para todos".

Noticias web

03/06/2020