CRTVG

Buscar

Ábalos asegura que non tratou ningún asunto durante o seu encontro coa vicepresidenta de Venezuela

Publicado o 27/01/2020 14:48

Segue a controversia ao redor do encontro que o ministro de Transportes mantivo coa vicepresidenta de Venezuela. Nas últimas horas, José Luis Ábalos deu máis detalles: di que estiveron xuntos 25 minutos pero que non trataron ningún asunto nese tempo.

Ábalos insiste en que a número dous de Maduro non pisou en ningún momento territorio español, durante a súa escala no aeroporto de Baraxas. As explicacións do ministro convencen o Goberno. E tamén a cúpula do PSOE, que hoxe lle amosaba o seu apoio.

As explicacións de Ábalos non convencen a oposición. Ciudadanos e PP piden que se abra unha comisión de investigación sobre este asunto. 

 

Noticias web

27/01/2020