CRTVG

Buscar

Baleares pedirá a declaracións de zona catastrófica polos estragos do temporal en Mallorca

Publicado o 01/09/2020 20:57

Este martes puidemos ver desde o aire os estragos causados polo temporal da fin de semana na illa de Mallorca. . Os danos afectan a moitas vivendas, pero o vento destruiu tamén 580 hectáreas de monte, segundo as primeiras estimacións. Por todas partes hai árbores partidas ou arrancadas do chan polos fortes ventos. O Goberno balear pediralle ao Estado a declaración de zona catastrófica para os tres concellos máis afectados.

 

Noticias web

01/09/2020