CRTVG

Buscar

Balance moi positivo da campaña da pataca da Limia

Publicado o 11/03/2019 16:33

A pataca da Limia acada estes días un prezo excepcionalmente elevado, arredor de 45 céntimos o quilo. Débese sobre todo á escaseza de produto no mercado pola mingua que houbo na colleita. Pero a percusión na rendibilidade é limitada, xa que dous terzos da produción se vende a prezo taxado.

As últimas partidas de pataca están a ser envasadas para a súa venda. Queda nos almacéns menos dun dez por cento da colleita. A escaseza no mercado tira cara a arriba os prezos en orixe.

Malia esta circunstancia positiva, que non se daba dende había anos, o sector fala dunha campaña en xeral negativa. A mingua en case un terzo da colleita desta temporada debido ao mal tempo fixo que houbese menos produto. A iso hai que sumar que arredor do 70 por cento da pataca se vende á industria a través de contratos de prezo taxado, que este ano se fixou de media en trece céntimos o quilo.

Aínda así, os prezos elevados destes días fan que moitos pataqueiros, sobre todo os que teñen menos hectáreas, estean pensando en ampliar a superficie de cultivo do tubérculo.

Por outra banda, na Limia agardan que dunha vez por todas Europa aprobe a inclusión da variedade agria, a destinada á industria, na Indicación Xeográfica Protexida, o que aumentaría o valor engadido do produto final.






 

Noticias web

11/03/2019