CRTVG

Buscar

Baixan os casos de coronavirus nas residencias de maiores de Galicia

Publicado o 23/10/2020 21:28

Redúcese a incidencia da covid nas residencias de maiores en Galicia. Hai 73 casos menos ca onte. Agora están infectados 235 usuarios e 127 traballadores. E iso a pesar dos gromos detectados no xeriátrico de Salvaterra de Miño, con 28 casos e o que afecta 12 persoas na residencia de maiores de Viana do Bolo.

A residencia máis afectada é a dos Gozos no Pereiro de Aguiar. O Sergas está volvendo facerlles as probas a todas os usuarios. Tres semanas despois do primeiro positivo, contan con que comecen a superar a infección. Na residencia Val de Monterrei acaban de darlles a alta a 40 maiores.

Noticias web

23/10/2020