CRTVG

Buscar

Baixan os casos activos na área de Lugo e Santiago pero soben en Vigo e A Coruña

Publicado o 16/07/2020 11:35

Segundo o último informe do Sergas, os casos activos en Galicia seguen baixando (-11). A área sanitaria en que máis se nota o descenso é a de Lugo (-11). Tamén Santiago rexistrou un descenso (-3).

Aínda así, os casos aumentaron nas áreas sanitarias da Coruña (+1) e de Vigo (+2). No resto de Galicia non variaron os datos.

A cifra da xente que se está recuperando dende as súas casas diminuíu ata 220 (-11) e o resto de datos segue igual (hai unha persoa na UCI e seis en planta).

A Consellería de Sanidade dá por curadas 39 persoas máis, que fan un total xa de 11.018.