CRTVG

Buscar

Baixan en 130 os casos activos na área sanitaria de Ourense

Publicado o 24/10/2020 19:24

Tras moitos días sumando restriccións e novos contaxios, no Carballiño contan hoxe 173 casos activos, dez menos que na xornada de onte.

En Verín con 84 casos activos, a hostalería e o concello acordaron pechar bares e terrazas ata o 31 de outubro. Están confinados perimetralmente, igual que Oímbra e Vilardevós. Unha situación que se extende a boa parte da provincia.

Na cidade de Ourense malia que seguen a baixar os casos activos, hai aínda 364, houbo 83 novos contaxios nas últimas 24 horas. Nos hospitais, nos que hai máis dun cento de persoas ingresadas, utilizan agora test rápidos de antíxenos. Dan un diagnóstico en minutos coa mesma fiabilidade que as PCR.

Dende o servizo de urxencias do CHUO apuntan que desta volta chegan máis casos de persoas con COVID entre os 20 e os 60 anos con complicacións que mesmo obrigan o seu ingreso na UCI . Por iso fan un chamamento a responsabilidade, a non baixar a garda e a extremar as medidas de precaución especialmente cos nosos maiores.

Noticias web

24/10/2020