CRTVG

Buscar

Baixa un 80% a chegada de peregrinos a Compostela en xullo

Publicado o 31/07/2020 14:52

Ringleiras a primeira hora da maña para selar a compostela na Oficina do Peregrino, pero moita menos xente do que era habitual antes da pandemia.

"Temos unha media entre 400 e 500 peregrinos diarios, o tema da Covid notouse moito porque en xullo tiñamos cifras de 2.000 peregrinos diarios", explica Emilia González, traballadora da Oficina do Peregrino.

Aos que chegan recíbenos extremando as medidas de prevención.

"Teñen unhas marcas no chan, só poden estar 8 persoas e desinféctase despois de cada peregrino", engade González.

Os datos de xullo, o primeiro mes trala reapertura do Camiño, reflicten o grande impacto que está tendo a Covid-19 na afluencia de peregrinos. 9.200 selaron a compostela ata hoxe, fronte aos 53.000 que o fixeron en xullo do ano pasado.

A diferenza doutros anos, camiñar ata Compostela no verán é unha boa oportunidade para os que buscan facer o Camiño en soidade.

Noticias web

31/07/2020