Baixa o número de inmigrantes en Arguineguín, pero desata o debate político
Publicado o 21/11/2020 21:35
Por primeira vez en 15 días, no peirao de Arguineguín, no sur de Gran Canaria, permanecen menos de mil inmigrantes. A cifra descendeu nas últimas horas logo de empezaren os traslados efectuados pola Cruz Vermella a centros de acollida.
Agora a presión migratoria que está a vivir o arquipélago trasladouse tamén ao debate político. O ministro socialista Jose Luis Ábalos dixo hoxe desde Tenerife que non haberá traslados migratorios. Desde o PP, Pablo Casado comprobaba in situ a situación dos inmigrantes, para os que pediu unha repatriación inmediata e responsabilizou a Pedro Sánchez desta crise.
Máis sobre actualidade
19/01/2021 22:01
19/01/2021 21:48