CRTVG

Buscar

Baixa a demanda de polbo e cae o prezo

Publicado o 01/04/2020 15:29

A campaña do polbo xa se complicara porque o mal tempo non permitiu pescar como se debera. Agora que estaban remontando eses meses de mal mar, pecha a hostalería pola emerxencia sanitaria, baixa a demanda e cae o prezo.

"Dende que se declarou a pandemia xa caeron dous euros e algo en quilo, aínda así esta semana co prezo que leva é asumible".

Esta semana aquí en Bueu o quilo irá a oito euros de media, dous menos que hai quince días. De seguir baixando o prezo a ese ritmo, contan ter que amarrar.

"Saír ao mar ten uns gastos, de consumo, de mantemento, de carnada e de equipamento. Se ao final non vas cubrir gastos o mellor é amarrar a porto, ir para a casa e pecharse coma todos".

Entre a rebaixa de capturas e de prezo, en Galicia o sector leva facturado cinco millóns e medio de euros menos que na campaña 18-19.

Noticias web

01/04/2020