CRTVG

Buscar

Baixa a afluencia de clientes nas axencias de viaxes

Publicado o 04/03/2020 14:50

Prudencia igualmente nas axencias de viaxes, que estes días notan unha menor afluencia de clientes. Pouco máis dun mes antes da Semana Santa, o habitual nestas datas sería unha maior actividade nas oficinas e un incremento das reservas cara aos destinos tradicionais destas vacacións, pero iso non está sucedendo: hai certa paralización á espera do transcurso desta crise. Con todo, a Asociación Galega de Axencias de Viaxes asegura que se manteñen a maior parte das reservas xa realizadas antes.

Juan Rivadulla, presidente da Asociación Galega de Axencias de Viaxes: "As reservas de Semana Santa ás Canarias, á Madeira e a outros destinos non están sufrindo cancelacións masivas. Si que hai algunha cancelación porque é evidente que o medo bloquea a mente".

Noticias web

04/03/2020