CRTVG

Buscar

Baiona e Bueu pasan ao nivel máximo de restricións

Publicado o 16/12/2020 14:50

O peche perimetral de Baiona e as novas restricións non sorprenden os veciños, que viviron os peches dos concellos lindeiros.

Ata agora tiñan as limitacións máis básicas e cambian de golpe ás restricións máximas. Os hostaleiros son os máis procupados. Só poderán atenderen terrazas a un 50 % da súa ocupación. Ademais deberán pechar ás cinco da tarde.

Na provincia de Pontevedra, tamén o Concello de Bueu pasa ao nivel máximo de restricións. Tanto Bueu como Baiona, manteñen polo momento o peche perimetral.

Noticias web

16/12/2020