CRTVG

Buscar

Baiona despide o mozo falecido no accidente de Gondomar

Publicado o 30/12/2019 15:25

Hoxe é día de loito nas vilas de Gondomar, Baiona e Oia despois do tráxico accidente deste domingo na Ramallosa. En Sabarís velan o corpo do rapaz de 19 anos morto, un mozo moi integrado na actividade cultural do seu concello. Este martes será soterrado.

Os acompañantes do falecido eran un rapaz de 18 anos e dúas mozas de 16 anos. Dous deles xa foron dados de alta e o outro permanece hospitalizado. A traxedia cebouse con eles. O vehículo no que ían saíu da vía e rematou metido nun muro. Quedou totalmente desfeito. Investígase se ían a moita velocidade.

Na memoria aínda sen borrar, outra traxedia. Os veciños aínda lembran o ocorrido hai tres anos no mesmo escenario, noutro sinistro similar, a poucos metros da gasolineira de Mañufe. Daquela 5 mozos quedaran feridos e un deles falecía máis tarde no hospital.

Noticias web

30/12/2019