CRTVG

Buscar

Badaladas adiantadas nas illas Cïes

Publicado o 31/12/2019 18:53

Todo listo para a última viaxe do ano ás Cíes. Unha travesía multitudinaria nunha xornada única para coñecer o paraíso natural da illas Atlánticas.

Xa a bordo, uvas, cotillón e un brindis para saudar ao 2020 por adiantado nas Cíes. Adiantadas ou non, coa praia de Rodas ás costas as badaladas soan especialmente ben. Unha tradición que comeza hoxe, ainda que as rutas a Cíes en fin de semana e festivos de inverno xa están no calendario cotiá das navieiras. E con moi boa acollida.

Unha experiencia diferente en que un guía foi amosando as illas aos viaxeiros, e tamén as tradicións de aninovo noutros lugares du mundo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/12/2019