CRTVG

Buscar

Avistan varias candorcas que causan molestias a embarcacións na enseada de Fisterra

Publicado o 28/02/2021 22:42

Salvamento Marítimo pide precaución ante o avistamento de varias candorcas na costa galega.
Os cetáceos foron divisados na costa de Fisterra cando se achegaban "perigosamente" ás embarcacións que se atopan pola zona da enseada.

O achegamento das candorcas á costa galega foi en aumento nos últimos tempos. Este incremento pode deberse, segundo os expertos, á abundancia de atún no corredor atlántico galego.

No verán pasado, algún veleiro levou un bo susto ao encontrarse con estes cetáceos que poden chegar a pesar cinco toneladas e medir dez metros. Nesa ocasión, os animais golpearon as embarcacións e provocaronlles danos cuantiosos.

Por iso, Salvamento Marítimo volveu pedir que se extremen as precaucións.


 

Noticias web

28/02/2021