CRTVG

Buscar

Aviso laranxa pola calor, que podería chegar aos 40 graos no interior de Ourense

Publicado o 30/07/2020 09:59

Galicia leva un mes de xullo de moita calor, mesmo abafante, pero hoxe pode ser o peor día. É o que din as previsións. Hai aviso laranxa no interior da provincia de  Ourense porque nalgúns concellos poderían superarse os 40 graos centígrados, especialmente na bacía do Miño. As recomendacións das autoridades son estar o menor tempo posible ao sol, hidratarse continuamente e levar unha botella de auga para ir refrescándose. Nas provincias da Coruña e Pontevedra non se van superar os 30 graos.

En xeral, agárdase un día de calor abafante.

 

Noticias web

30/07/2020