CRTVG

Buscar

Aviso amarelo por choiva no interior da provincia de Pontevedra

Publicado o 10/12/2020 13:45

Así desaugaba o encoro de Eiras a primeiras horas desta mañá, a previsión é que de seguir chovendo así as dúas tubaxes estean a pleno rendemento.

Neste concello de Fornelos onte caeron 31 litros por metro cadrado; desta volta, o rexistro foi superado pola cidade de Pontevedra con 37 e por Mondariz con 33.

O interior da provincia de Pontevedra está en aviso amarelo desde as seis da tarde por choiva. Poderíanse superar os 40 litros en doce horas ou mesmo acadar bátegas de quince litros nunha mesma hora.

En Fornelos están afeitos e saben tamén da bondade da choiva. A choiva non é o único fenómeno meteorolóxico do que gozan os residentes nesta pequena localidade.

Grazas á choiva en Fornelos habitan esta paisaxe espectacular e fornecen de auga a toda a boa parte da bisbarra de Vigo.


 

Noticias web

10/12/2020