Alerta laranxa en todo o litoral galego por ondas de cinco metros
Publicado o 14/12/2019 20:42
• Predición meteorolóxica actualizada para as próximas horas
• O 112 mantén activo o Plan Especial nunha ducia de ríos
Todo o litoral galego está baixo un aviso amarelo por ondas de ata cinco metros. O vento complica algo máis a situación no noroeste da provincia da Coruña e na costa da Morte, onde sopra do sudoeste con forza sete. Non se agarda que as condicións no mar melloren durante as próximas horas, máis ben ao contrario.
A partir da medianoite o aviso ascenderá a laranxa en toda a costa por mar de fondo do noroeste e ondas que superarán os cinco metros de altura.
Máis sobre actualidade
27/01/2021 18:05