Avarías nos vehículos obrigan aos traballadores a deixar o lixo sen recoller nas rúas da Coruña
Publicado o 26/01/2019 20:22
Na Coruña, os traballadores da concesionaria do servizo de recollida do lixo deixaron sen baleirar os colectores de máis da metade dos barrios por avarías na maquinaria. Segundo o sindicato maioritario, catorce dos vinte e dous camións que habitualmete retiran as bolsas de residuos non saíron a noite pasada por incumprir a normativa de seguridade.
Os representantes sindicais pídenlle ao concello que presione á empresa Cespa para que renove a frota os vehículos. Onte unha traballadora quedou ferida nun accidente ao fallar os freos da varredora que conducía.