CRTVG

Buscar

Avanzan as obras da Vía Ártabra

Publicado o 26/02/2021 17:02

A Vía Artabra, unha autovía que servirá para unir as zonas industriais de Oleiros, Cambre e Sada coa autoestrada AP-9, entrará en servizo no ano 2022 e será libre de peaxe. Segundo a conselleira de Infraestruturas, as obras avanzan a bo ritmo cun 40 % dos traballos xa executados.

Ethel Vázquez pon esta vía como exemplo do compromiso da Xunta coa competitividade da área metropolitana da Coruña e reclámalle ao Goberno central a execución doutras obras vincultadas coa cidade. Neste sentido, reclama a licitación inmediata do tren a Lagosteira.

Noticias web

26/02/2021