Avanza o plan Bouzas para a ampliación do porto de Vigo
Publicado o 31/07/2020 16:47
Avanza a ampliación do porto de Vigo. A Autoridade Portuaria dá vía libre ao coñecido como plan Bouzas, que contempla unha terminal moderna para os próximos 30 anos. Esta mañá presentouse o proxecto.
A ampliación vai a permitir que no peirao de Bouzas poidan atracar tres buques de gran tamaño ao mesmo tempo. Deste xeito, gañaranse liñas de atraque e espazo para o tráfico ro-ro.
Desde a Autoridade Portuaria consideran imprescindible o proxecto para dar servizo ás necesidades do sector.
A plataforma ampliará a súa extensión ata os 35.000 metros cadrados nun proxecto que conta cun plazo de execuación de catro anos e un orzamento de preto de setenta millóns de euros.