CRTVG

Buscar

Avanza a reconstrución da casa calcinada en Berres, na Estrada

Publicado o 13/03/2020 14:41

Estas imaxes gravámolas a mediados de outubro na parroquia de Berres, na Estrada. Os bombeiros acababan de extinguir o incendio nesta casa. Estas outras son desta mañá. A vivenda xa está tellada e non chove dentro. Os donos levantaran a casa coas súas mans e vivían do taller mecánico instalado no baixo. Aínda seguen quitando cascallos do interior e, mentres, viven cuns parentes. 

Luísa Iglesias, dona da casa: "Agora imos tirando, pero é duro, é difícil, pero vaise levando".

As tellas, a uralita e o ferro co que se reforzou a placa doáronllelas. Calculan que recibiron axuda por valor duns trinta mil euros.

E están moi agradecidos cos que os están a axudar. Luísa Iglesias, dona da casa: "A verdade é que temos que dar moitas grazas a todos, que nos axudaron. Tivemos moita axuda tanto persoal e laboral como de todo. Grazas a todos pola axuda que nos prestaron".

De volver á casa nin se fala. Entrou moita humidade ao estar sen tellado, e iso impide acometer traballos no interior. Aínda que se instalaran baixo mínimos, cren que non poderá ser ata despois do verán.

Noticias web

13/03/2020