CRTVG

Buscar

A covid favorece as rupturas das parellas: aumentan un 25% os divorcios en Galicia

Publicado o 27/11/2020 16:07

A pandemia dispara as rupturas matrimoniais en Galicia. Despois da paralización dos procesos durante o confinamento, aumentan nun 25 % as separacións e divorcios.

Son datos dos xulgados galegos. Entre xullo e setembro presentáronse 1.500 demandas de divorcio e separación, fronte ás 1.200 do ano pasado, a maior parte delas de mutuo acordo.

Galicia sitúase por riba da media estatal, cun 25 % de incremento, fronte ao 16 % do resto de España.

Tamén aumentaron neste período as solicitudes de modificación de medidas en procedementos de garda, custodia e alimentos de fillos. Non se rexistrou ningunha petición de nulidade matrimonial.

Noticias web

27/11/2020