CRTVG

Buscar

Aumentan un 19 por cento os infectados en residencias de maiores

Publicado o 04/04/2020 14:49

O número de infectados por COVID-19 en residencias de maiores non para de crecer. Aumentou un 19 por cento nas últimas 24 horas.

A inmensa maioría dos casos novos, 108, nun único centro: a residencia Nosa Señora da Esperanza, que xestiona a Fundación San Rosendo en Ourense. Aquí faleceron nas últimas horas dúas persoas de maneira que xa son seis as vítimas mortais nesta residencia, todas usuarias do centro.

En total, en Galicia, cinco maiores faleceron nas últimas horas en residencias. O número de infectados ascende xa a 748, entre usuarios e coidadores. Representan o 15 por cento do total de infectados na nosa comunidade.
 

Noticias web

04/04/2020