CRTVG

Buscar

Aumentan os controis na estrada para quen tente ir a unha segunda vivenda

Publicado o 09/04/2020 14:30

Previr desprazamentos inxustificados para cumprir coas limitacións marcadas no estado de alarma. Con esa fin reforzáronse nestes días os controis de estrada, con dispostivos como o montado esta mañá na comarca do Salnés.

Que a xente verdadeiramente se conciencie de non saír da casa a non ser por un asunto estrictamente necesario e amparada sempre polas excepcións que recolle o estado de alarma".

O xefe do dispositivo lembra que saltarse a norma neste caso pode supoñer para a paersoa infractora unha multa de entre 600 e 30.000 euros.
Para evitalo cómpre lembrar que agás persoal autorizado, só se pode circular polas vías e espazos de uso público para realizar determinadas actividades e xustificadamente.

"O maior logro que poderíamos ter é que ninguén teña que ser denunciado porque todos somos plenamente conscientes do risco ao que non expoñemos nós e quen vive con nós saíndo á rúa dunha maneira innecesaria."

En termos xerais, di o comandante, a inmensa maioría está a cumprir coas restricións do confinamento.

Desde onte está en marcha este despregamento amplo en autoestradas e demais tipos de vías tamén con participación de axentes da Policía Nacional e da Local.

 

Noticias web

09/04/2020