CRTVG

Buscar

Aumentan os controis da DXT en Pontevedra para motocicletas

Publicado o 18/07/2020 22:32

PO-548. debaixo da ponte do AVE de Catoira un equipo do subsector de tráfico da comandanca de Pontevedra para cada moto que pasa neste control. En diferentes puntos da estrada un par de compañeiros, en motos camufladas, vixían as imprudencias sobre o asfalto. Despois do confinamento aumentaron os accidentes con motocicletas implicadas e en cinco días dous motoristas faleceron na provincia de Pontevedra.

O Cabo primeiro Javier Casas revisa esta moto. Desde hai un tempo veñen observando que aumentou o caso de condutores que cun permiso básico de conducción A2 manexan motos con máis cabalos de potencia dos permitidos para eles.

Cóntanos este cabo primeiro que é importante conducir á velocidade que marque a vía, levar sempre casco e pilotar con certa anticipación que somente da experiencia.

Noticias web

18/07/2020